Os vosos comentarios

Ana y el detective
Este libro trata sobre Ana, unha rapaza inquieta, independente e gran lectora de novelas policíacas. Descubre pola prensa que o seu pai, un político moi importante, plantexouse a posibilidade de dimitir. Preocupada polo que lle puidera pasar, contrata ao detective Luis Arquer, aínda que tamén decide indagar pola súa conta. A súa axuda será fundamental para a investigación, ao longo da mesma establecerá unha estreita relación co detective.
Recomendaríallo a calquera persoa maior de 12 anos que lle gusten as historias de detectives e investigación. É moi fácil de ler e comprender e moi divertido.
 
Fuster, Jaume
ISBN: 978-84-667-7668-4
Materia: Juvenil: Detectives y misterio Editorial: Anaya Colección: Espacio con misterio Idioma: Castellano Nº Edición: 1 Fecha de edición: 06-2008 Encuadernación: Cartoné Tamaño: 20 x 14 cm. 144 páginas
                                   
                David Río Deibe. 4º de ESO.  8/4/2011
 



Campos de fresas
AUTOR: Jordi Sierra Fabra
     Editorial: SM
     Colección: Alerta Roja
 
Neste libro fálase de cinco rapaces que salen un venres pola noite e para pasalo ben deciden drogarse e así vivir emocións fortes. Pero a unha das rapazas, a droga fixolle moito dano e entra en coma.  O final non se pode contar para non “destripala”.
            Este libro recomendaríallo a calquera persoa que lle gusten os libros de emoción, pero especialmente ós rapaces que están na adolescencia, porque pódeche axudar a aclarar ideas que tes confusas na túa cabeza, evitándoche problemas.
            Ademais enséñache os perigos que hai no mundo da adolescencia.
Eu creo que este libro é un exemplo do que por desgraza pasa todas os fins de semana.
     
Ángel Miraz Vázquez. 4º de ESO. 8/4/2011
                                


CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE
Cando petan na porta pola noite
Xabier P. Docampo
Ediciones Xerais
Eu recomendaría este libro a xente que lle gusten as historias de medo porque son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que críamos esquecidos: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pegadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa...





UNHA BOLSA DE CANICAS


Unha bolsa de canicas
Joseph Joffo
Edicións do Cumio

Unha bolsa de canicas foi un dos libros que lin esta avaliación e o que mais me gustou. Trata de dous rapaces moi valentes xa que se separan dos seus pais e teñen que buscarse a vida traballando en cidades diferentes pero o final os dous  rapaces volven cos seus pais. É un libro de moitas aventuras.


Eu recomendaríalle este libro a todos os rapaces do colexio porque é un libro moi ameno e divertido e seguramente  disfrutarán lendoo e gustaralles tanto como me gustou a min.

                                                                                 
Tamara Sanjuan Cainzos. 4º de ESO. 8/4/2011






A SOMBRA CAZADORA

A sombra cazadora
Suso de Toro
Ediciones Xerais


Este libro gustoume aínda que o principio parecíame un libro moi estraño e moi fantasioso pero ao pouco  a pouco  foime intrigando e enganchando, e ao final gustoume moito. Recomendaríallo a todos  os meus compañeiros porque aínda que ao principio é difícil de ler, despois é moi interesante. Trata de dous irmáns que viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece.  

Jacqueline López Pérez. 4º de ESO. 8/4/20111

En un lugar llamado guerra

Este libro es un libro en el que te puedes imaginar la vida de un periodista capaz de dar su vida por ser más en su trabajo.

En un lugar llamado guerra
Jordi Sierra i Fabra
La Galera, S.A. Editorial
Este libro trata sobre un periodista que se tiene que ir a un país de oriente  a hacer un reportaje en el que están en guerra. Es novato y al principio lo pasa muy mal, pero cada día que pasa se hace más fuerte y además conoce un traductor (un niño pobre que trabaja en eso para dar de comer a toda su familia).

En este libro también aparece  una pequeña historia de amor que hace que sea más ameno el libro.
No es un libro duro, ni difícil de leer, pero es un libro que te hace pensar en  varias vidas:  por un lado la del periodista, otra la de las chicas enamoradas y por último el niño traductor.

Luz Mery Barral Bouzón. 4º de ESO. 8/4/2011



 
CUENTOS PARA PENSAR
 
Este libro consta de varias historias breves, cada una tiene un final diferente, con una nueva teoría sobre la amistad, el amor, o la vida.

No es un libro como otro cualquiera, enseña a ver nuevas fronteras de la vida que antes veías de otra manera, o por lo menos te da otro punto de vista. No es difícil de leer, porque las historias son cortas, por lo tanto una historia la terminas en muy poco tiempo, y puedes leer una cada día, o las que te apetezca en ese momento.

Os voy a contar una breve historia, una de las que más me llamo la atención, aunque todas son increíbles.

Trata sobre un niño de 6 años que se quedó en casa solo con su hermano pequeño de unos meses, porque sus padres se habían ido a la compra sin pensar que nada malo les podía pasar. Sin saber por qué, tal vez por un corto circuito o cualquier otra razón se produjo fuego, el niño de 6 años tardó en darse cuenta de que había fuego. Y ya estaba extendido por toda la casa.

Cuentos para pensar
Jorge Bucay
RBA libros.
Cuando llegaron los bomberos que habían avisado los vecinos, la casa ya estaba completamente desecha. El niño de 6 años había cogido a su hermano pequeño en el colo, había abierto la ventana de doble cierre, había traspasado la reja de la ventana, con una sabana había bajado hasta el limonero, y luego había bajado por él con su hermano en brazos. Todo el mundo estaba sorprendido, y un aprendiz de bombero le preguntó a su jefe.

-Cómo es posible?

-El niño ha sido capaz de hacer todo eso, porque nadie le había dicho que no iba a poder hacerlo.

Desiré Maceira Vázquez 4º de ESO. 8/4/2011

El curioso incidente del perro a medianoche

Este libro cuenta como un chico que padece autismo  intenta descubrir quién mató al perro de su vecina, mientras lo intenta va descubriendo ciertos aspectos de su vida que obviamente no conocía y que cambian su vida por completo.
Desde luego recomendaría este libro a todo el mundo, en primer lugar porque a mí me encantó, pero siendo objetiva he de decir que es un libro muy entretenido y que se lee muy rápido porque su historia engancha.

Asi que ya sabéis si queréis pasar un buen rato o subir nota de matemáticas solo tenéis que leer ``El curioso incidente del perro a medianoche´´.

Vanessa Deibe Pérez. 4º de ESO.8/4/2011

¿Sabes que te quiero?
 Aunque no está en la biblioteca, de momento, es un libro que si de verdad te gustan las historias de amor estoy segurísima de que te va a encantar y te vas a enganchar.
Es la segunda parte del libro Canciones para Paula y cuenta el principio de las vacaciones de Paula y sus amigas, a mí personalmente me gustó mucho y la verdad que nunca me imaginé que leería un libro tan rápido ni que me enganchase tanto.
Sin duda alguna te lo recomiendo y te aseguro que no vas a pestañear desde la primera hoja hasta la última.

Vanessa Deibe Pérez. 4º de ESO.8/4/2011

 
La fórmula preferida del profesor

 
Eu este curso lin moitos libros , todos me gustaron , pero como a todas as persoas uns gustáronme máis ca outros.
Especialmente gustoume moito un titulado “La fórmula preferida del profesor”.
Gustoume por moitas cousas ,porque aprendín cousas interesantes sobre as matemáticas que non sabía , e tamén me gustou porque me enganchaba ,aínda que cando o lía tiña que estar moi atenta porque a veces facía saltos no tempo… Outro dos motivos polo que me gustou é porque como todos os libros ensínase algo da vida ; e neste caso ensinoume que sempre te tes que poñer no lugar das persoas (aínda que as veces é moi difícil) para saber o que lles pasa e como se sinten , o chamado , empatía. E por iso que animaría a moita xente a lelo.
 
Iria González Fraga. 4º de ESO. 8/4/2011

Canciones para Paula e ¿Sabes que te quiero?
 

A min persoalmente gústame moito ler e a nivel persoal e por iniciativa propia xa lin varios libros e entre eles está unha colección , que ten tres partes ,  a 1ª : Canciones para Paula , a 2º :¿Sabes que te quiero? e a 3ª que aínda non saíu a venta , está previsto que saía para o verán , chámase Cállame con un beso. É unha historia que antes de converterse nun libro estaba en Internet e como tivo tanto éxito pasouse a papel , tamén a recomendaría a moita xente…

 Iria González Fraga. 4º de ESO. 8/4/2011







 Maktub
El autor de este libro es Paulo Coelho.
Este libro consiste en breves narraciones, que cuentan historias de personas, o narraciones que tienen un final que enseña a no volver a equivocarse. Paulo Coelho colaboraba en un periódico de Brasil, haciendo una columna diaria, y las breves narraciones son una elección de esas columnas que hacia él en el periódico. Como dice el: esto no es un libro para enseñar, sino para compartir experiencias.
Desiré Maceira Vázquez 4º de ESO. 13/5/2011

Encuentro en el abismo

Nesta última avaliación custoume decidir que libro ía ler ,xa que quería ler algo distinto…
Pero ao final decanteime por un libro que se titula “Encuentro en el abismo”. En principio collino porque me chamou a atención por fora e porque lin o resumo e entroume curiosidade , e o máis importante…porque quería ler algo distinto.
Cando o comecei a ler gustoume bastante , e ata me producía intriga , pero foi un libro que me transmitiu uns sentimentos bastante duros , tristes e en ocasión de medo ; xa que trataba temas da época dos nazis , e polo tanto como todos sabemos  bastante  duros , xa que estas persoas facían cousas un tanto “estrañas” e moito dano as persoas, apartándoas da súa familia , ou matándoas e facéndolles unha invocación satánica… 
A pesar de que me provocara estes sentimentos non me arrepinto de lelo , porque foi unha historia diferente e agora xa podo opinar un pouco máis sobre as historia de medo (porque xa lin unha) e como ata agora non lera ningunha non podía opinar e criticalas , xa que non tiña os argumentos necesarios.
En conclusión que me gustou moito pero aínda así prefiro outro tipo de historias…
 Iria González Fraga. 4º de ESO. 19/5/2011

El asesinato del profesor de matemáticas
Quero empezar por contar o por que da miña escolla, ben, en primeiro a profesora de lingua castelá deunos a oportunidade de ler un libro titulado: El asesinato de la profesora de lengua. Agora ben, estamos a falar da versión para lingua castelá deste mesmo libro do que vos vou falar. O seu autor é Jordi Sierra i Fabra e chámase "El asesinato del profesor de matemáticas" un pequeno resumo:
Adela, Nico e Luc son uns negados para as matemáticas e van suspender en xuño pero o profesor non quere que o den todo por perdido, así que decide facerlles ver as matemáticas dende o punto de vista de que é un xogo. A partires desto comeza a súa oportunidade de aprobar o exame mediante unha especie de caza do tesouro e se queredes saber como empeza todo xa sabedes, a lelo!
Gustoume bastante porque é rapidiño de ler, ten problemas fáciles e fanche ver as matemáticas doutra forma.

María Santamariña Ruiz de León 4ºESO


El matemático del rey
Achego a este blogue o seguinte comentario sobre o libro titulado "El matemático del rey", de Juan Carlos Arce. Este libro pertence á colección de "Autores españoles e iberoamericanos", da editorial "Planeta". Lin este libro para a materia de Matemáticas, como traballo voluntario, xa que está no grupo de lecturas recomendadas polo Departamento.

Na España do século XVII, concretamente no Madrid dos Austria, suceden as historias de dous amigos. Por unha parte, Luis Obelar, e por outra, a de Juan Lezuza. Os asuntos de política e corrupción, os asuntos de amor, de Matemáticas e de Astronomía vense turbados por asasinos e frades. Lendo "El matemático del rey", contemplamos ata onde chegaba a man da Inquisición, quén a movía e que asuntos científicos e relixiosos preocupaban á Igrexa. Por outro lado, a gran corrupción á que se vía sometida a corte de Felipe IV. Pareceume un libro interesante, que achega os principais datos da época, os motivos da actuación da Inquisición e a Historia das Matemáticas, as Ciencias, a Astronomía e a Relixión. Recoméndolle este libro a todo lector, xa que está ben estruturado, e a súa lectura é fácil. A aquela persoa que lle guste a Historia, as Matemáticas, a Astronomía ou a lectura, gustaralle este libro. Persoalmente, o que máis me sorprendeu foron os argumentos que alegaba a Inquisición para condenar a Lezuza e os seus temores. Pero se queredes descubrir máis cousas sobre "El matemático del rey"... Teredes que ler o libro!

Este libro está dispoñible na Biblioteca Castelao, do CPI "Virxe da Cela".

Antonio González López 3ºESO  17/12/2011


Matecuentos

Soy Diego Rodríguez López alumno de 3º ESO y el libro que he leido se titula Matecuentos. Para mi gusto se trata de un libro entretenido pues combina hechos cotidianos de la vida real con variedades de problemas matemáticos. Además si tienes algún problema con la resolución de los ejercicios propuestos en cada historia al final del libro aparecen resueltos todos los problemas.Yo  creo que está bastante bien adaptado para nuestra edad y nivel matemático y además pienso que cualquier alumno indiferentemente del curso de la ESO no tendría ningún tipo de problema en leerlo y en resolver sus ejerciciosVamos cojedlo en la biblioteca!

Diego Rodríguez López 3º ESO 23/2/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario