11/10/16

CINCO MINUTOS DE PAZ

Mamá Grande só quere uns minutos de tranquilidade na súa bañeira quente, espumosa e burbulleante. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía e fan tanto balbordo como sempre. A paz dúralle moi pouco a Mamá Grande.


Coincidindo co 30º aniversario da súa publicación, KALANDRAKA recupera este álbum de Jill Murphy, co que moitos adultos poderán identificarse porque "Cinco minutos de paz" invoca un desexo practicamente  inalcanzable para quen ten nenos pequenos ao seu cargo: tratar de illarse do mundo por un instante sen que eles interrompan ese breve lapso de tempo coas súas inquedanzas, as súas imprevisibles ocorrencias e a súa espontaneidade. Destaca a elección de animais tan robustos como os elefantes para protagonizar un relato divertido e entrañable. Mamá Grande e os seus fillos son hábilmente humanizados con vestimentas cotiás e nunha contorna doméstica ao comezo da xornada. A expresividade dos personaxes reflicte un amplo abanico de sentimentos: desde a resignación, o malestar ou a paciencia da nai, ata o arrepentimento ou o inocente entusiasmo dos mozos paquidermos, que son pura enerxía. Porque Mamá Grande quere uns minutos de paz e tranquilidade na súa bañeira quente, espumosa e burbulleante. Unha historia tan real como a vida mesma, contada con naturalidade, humor e afecto.

PODEDES ATOPALO NA NOSA BIBLIOTECA

Ningún comentario:

Publicar un comentario