14/05/14

XOXÉ MARÍA DÍAZ CASTRO: LETRAS GALEGAS 2014

Acércase o Día das Letras e desde a AELG achégannos os contidos que sobre Xosé María Díaz Castro dispoñen na súa web:
 Por unha banda, no Espazo didáctico hai dúas unidades didácticas, ambas da autoría do profesor e crítico literario Armando Requeixo, quen recentemente defendeu a súa tese doutoral A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica. A continuación tedes os enlaces se premedes neles.

  - Para a E.S.O.
   -Para o Bacharelato.

Ademais, no Centro de Documentación da AELG, contamos co seguinte material que vos pode ser de utilidade:

MONOGRÁFICO DÍAZ CASTRO
Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos polos vosos traballos, propostas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.

Se premedes na imaxe poderedes acceder directamente á páxina da CGENDL que contén o monográfico sobre Xosé María Díaz Castro.



DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN PRIMARIA



DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN SECUNDARIA



OS RAPACES DE GUITIRIZ RECOLLEN OS FROITOS DE DÍAZ CASTRO.

EN HORA BOA, RAPACES!!!




ZAPATIÑOS PARA DÍAZ CASTRO



Son catorce poemas nos que a música fainos chegar a peculiaridade e a emoción dos seus reveladores versos. As notas musicais e a voz de Carmen Penim constitúen un achegamento á sutil poética de Díaz Castro que potencia os valores líricos das composicións escolleitas.