10/11/13

Exposición "Cartas de Amor".

Dende hai uns días temos no noso colexio a exposición "Cartas de amor"na que se mostra a visión de 15 artistas plásticos sobre a violencia de xénero.Esta mostra de ilustración e cómic trata de  sensibilizar á poboación mais xove sobre a existencia de violencia na súa forma de relacionarse, axudar a detectala e, en definitiva, erradicar as formas de relación asimétricas e violentas.Pretende abrir unha reflexión sobre o paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacions de parella e a crueldade que ás veces vai asociada a elas, considerando que se detectan moitos casos de relacións entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal ou física. Entre outras, hai creacions de figuras galegas como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán; e dos premios nacionais de ilustración e de cómic, Miguel Calatayud e Paco Roca.
A iniciativa forma parte da oferta de actividades propostas pola Secretaría Xeral da Igualdade á red galega de entidades locais contra a violencia de xénero, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP.