04/02/10

PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL

O Xoves 4 de Febreiro visitou a Biblioteca Escolar o fotógrafo do Diario de Ferrol, para documentar fotográficamente a reportaxe monográfica que publicará este xornal a próxima fin de semana sobre o Proxecto Monferosolidario.

Nestes momentos a Bibliteca Castelao alberga unha fermosa exposición sobre a India, ofertando libros e material audiovisual sobre este país, e amosando variados obxectos, vestimentas, ornamentos, etc, sobre a súa cultura. Esta actividade está encadrada dentro do Proxecto School to School que o noso centro está a realizar no presente curso académico, a través da Fundación Vicente Ferrer, a raíz do galardón que recibiu o pasado ano o noso centro no I Premio de Educación para el Desarrollo “Vicente Ferrer”. Temos así a oportunidade de traballar conxuntamente cunha escola en Anantapur, a India, e a través desta colaboración coñecer un pouco máis da India rural, e de igual xeito, achegar a realidade da nosa escola, ubicada no rural galego. Ao longo do curso estanse a realizar diferentes actividades:

-Charla de sensibilización con proxección de diapositivas en todos os ciclos e niveis educativos impartidos no noso centro.
-Obradoiros de mandalas.
-Obradoiros de danzas da India.
-Menú degustación de xantares típicos da India.
-Elaboración de fotografías e textos explicativos relacionados co noso centro e co noso entorno no rural galego.


Mostramos a continuación diferentes arquivos documentando todo o proceso.











BEN FALADO




O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso centro acaba de recibir o DVD Ben Falado!, dirixido por Xesús Ferro Ruibal e emitido na Televisión de Galicia (antoloxía dos capítulos emitidos 21-7-2008 ao 6-7-2009). Estará á disposición da comunidade educativa na Biblioteca Escolar.

Ben falado! foi un microespazo creado e dirixido por Xesús Ferro Ruibal e realizado pola productora Pórtico para a Secretaría xeral de Política Lingüística. Emitiuse de luns a venres en horario de máxima audiencia a través de tódalas canles da TVG entre xullo 2008 e xullo 2009. Dos 250 capituliños os 50 primeiros tiveron unha duración de cinco minutos e os 200 restantes duraron tres minutos aproximadamente.

Ben falado! quixo ofrecer unha visión nova da lingua galega que se caracteriza por ofrecer sempre unha pinga de luz e outra pinga de mel. E moitos brevísimos textos levan a sinatura de expertos nesa especialidade lingüística.

01/02/10

CONTACONTOS KALANDRAKA




O Martes 26 de Xaneiro os/as alumnos/as de Educación Infantil e de 1º de Primaria disfrutaron dun maravilloso espectáculo de contos musicados a cargo de Pablo Díaz e Patricia González. Fixeron un repaso de varios libros de contos publicados pola editorial Kalandraka, asombrando aos máis pequenos coa súa capacidade de narrar historias, acompañadas dunha especial banda sonora de fondo, os instrumentos propios do noso folclore galego: frautas, clarinetes, pandeiretas, pandeiras, etc.